Exposición 'A contaminación luminosa depende de nós'

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío inaugurou o pasado 18 de outubro a exposición itinerante "A CONTAMINACIÓN LUMINOSA DEPENDE DE NÓS", unha exposición que de forma ilustrada aborda a problemática da contaminación luminosa (afectación ao medioambiente, a saúde humana, ao gasto económico e á perda cultural e científica do ceo estrelado) e a súa solución.

Image

Convidámoste a visitar a exposición do 1 ao 23 de decembro no Forum Metropolitano da Coruña. Se queres realizar unha visita guiada para o alumnado ou que a exposición visite o teu centro contacta con nós a través do enderezo electrónico: info@agrupacionio.com.

Características da exposición:

  • A exposición está formada por tres paneis dobres de gran formato (medidas 1,7m x 1,5m).
  • A exposición pode ir acompañada de catro seccións complementarias:
    • A Fondo. Caderno dedicado á contaminación luminosa publicado polo semanario Sermos Galiza o 22 de setembro de 2016.
    • Losing the dark. Pop-up de códigos QR para levar a casa con enlaces ao documental na súa versión galega: "A perda da escuridade".
    • Fotografía astronómica. Fotografías do ceo tomadas por membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
    • Escala de ceo escuro. Tres fotografías de diferentes puntos xeográficos de Galicia permiten comparar o brillo do ceo de tres lugares aplicando a casos reais próximos a escala de ceo escuro de Bortle.
  • Charla divulgativa complementaria "En defensa do ceo nocturno" impartida por Óscar Sánchez -aka Martin Pawley-, experto en Contaminación Luminosa da Agrupación Ío (duración aproximada: 1 hora).

Se queres saber máis sobre a Agrupación e as súas actividades visita o sitio web: pincha aquí para ver o sitio web

Ou podes seguila nas redes sociais: