Formación do profesorado de FP

Image

Convocatoria de proxectos de formación para o curso 2016-2017 para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de FP en centros públicos

Obxecto:

Estes proxectos deberán atender a aspectos xerais dos ámbitos científico, técnico, curricular, organizativo e de investigación educativa adaptados ao modelo do centro, e contar co compromiso de implantación ou de aplicación para propiciar o cambio e a innovación.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

Os proxectos contaran cun mínimo de catro participantes e un máximo de doce.

Profesorado destinatario:

Poderá participar o profesorado que imparta docencia en ensinanzas de formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Duración do proxecto:

A duración do proxecto de formación será dun mínimo de 20 horas e dun máximo de 50 horas, durante o curso académico 2016-2017.

Os proxectos de formación en centros de formación profesional en ningún caso poderán interferir coas actividades lectivas establecidas no horario do profesorado.

O prazo para realizar a preinscrición remata o 14 de novembro.

Cada proxecto ha contar cun orzamento máximo de 1.500 euros para o seu desenvolvemento

Acceso á convocatoria