III concurso de guións contra a violencia de xénero 2016

Image

O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a importancia de combater e denunciar a violencia de xénero e, así mesmo, a través do guión expoñan os motivos polos que se deben xuntar esforzos para combater esta lacra social.

Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.

Paralelamente o concurso promove o traballo en equipo, así como a aprendizaxe do medio audiovisual.

 

Participantes.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña, e apoiados pola Dirección do centro.

Cada participante/s só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade.

Non poderán participar as persoas gañadoras en edicións anteriores.

Empregará a lingua galega e a perspectiva de xénero.

 

Prazo e forma de presentación dos traballos.

Prazo: o prazo de admisión de guións ábrese o día seguinte á publicación das bases no BOP e péchase aos 30 días naturais.

Forma de presentación: o guión entregarase en soporte papel e dixital nun sobre pechado (1), no exterior do sobre indicarase III Concurso de guións contra a violencia de xénero 2016 e un título como identificador do guión.

Acceso ás bases da convocatoria