Programa eduemprende Actúa 2016-2017

Image

Esta actuación se enmarca no Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia Eduemprende, no eixe estratéxico 1 “Sensibilización e motivación” que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer no seu contorno actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Dirixido a:

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia de:

  • Segundo curso de ciclos formativos de grado medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
  • Bacharelato que estean a cursar "Economía".

Cando se vai desenvolver a actividade?

Do 14 de novembro de 2016 ata o 15 de marzo de 2017.

Martes e xoves durante o período da actividade.

Solicitude

As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, co seguinte asunto: PROGRAMA EDUEMPRENDE ACTÚA.

+info