Talleres infantís no MAC en outono

Cook & Play: sabores de outono

Image

En Cook & Play aprenderemos de forma divertida hábitos de alimentación saudable, sempre mediante xogos e dinámicas de grupo. Espertaremos o interese polo mundo culinario e mostraremos o divertido que resulta ser chef. Ademais, este taller axudaranos a fomentar a creatividade e desenvolver a imaxinación a través da arte na cociña, onde os nenos e as nenas son os protagonistas da nosa lema: coa comida si se xoga!

Datas. Sábados do 12 de novembro ao 3 de decembro de 2016.

Horario. De 17.15 a 18.45 horas.

Alumnado. Indicado para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que gocen da cociña e as actividades creativas.

Prazas limitadas. 15 persoas.

Prezo. 45€ (4 sesións, 8 horas).

+info

Eureka! Taller de azar e creatividade

Image

Neste taller queremos desenvolver a capacidade creativa dos máis pequenos partindo da casualidade e as asociacións imprevistas. Deixarémonos levar pola imaxinación, partindo do xogo e utilizando algunhas das técnicas favoritas dos artistas. Co obxectivo de romper os esquemas de creación habituais, búscase construír desde a liberdade e entender a necesidade de mirar o mundo doutra maneira. Faremos do erro o noso principal aliado, buscando debuxar a través da mancha, analizando o aspecto máis emocional dos obxectos e experimentando con técnicas de creación colectivas.

Datas. Sábados do 5 ao 26 de novembro de 2016.

Horario. De 11.30 a 13.30 horas.

Alumnado. Indicado para nenos e nenas de entre 6 e 10 anos.

Prazas limitadas. 15 persoas.

Prezo. 45€ (4 sesións, 8 horas).

+info