Teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018

Image
  • O teléfono estará operativo a partir do 1 de novembro.
  • Funcionará as 24 horas do día, todos os días do ano.
  • As chamadas serán atendidas por profesionais de psicoloxía, xuristas, sociólogos e traballadores sociais.
  • A chamada é gratuíta e non aparecerá na factura de teléfono.
  • As persoas usuarias con discapacidade auditiva ou da fala disporán dun servizo de mensaxería de texto.

O secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín, ven de presentar o novo número de teléfono para vítimas de acoso escolar.

Trátase do número de teléfono 900 018 018, que estará operativo a partir do próximo 1 de novembro, e que se convertirá nunha ferramenta indispensable na loita contra o acoso escolar.

As persoas destinatarias do servizo son o alumnado, pais, nais e titores legais, profesorado, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fóra do centro docente.

Inclyen también los casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais, así como o ámbito internacional nos nosos centros no exterior, centros de convenio e programas internacionais. A intención do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte é chegar a todos os menores e a todos os supostos de malos tratos no ámbito escolar.

As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grado universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senon que conta cun equipo de traballadores sociaiss, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor precise, iincluída a consulta e derivación do caso ás forzas e corpos de seguridade, a inspección educativa, centros de saúde, ministerio fiscal e outras autoridades e institucións competentes, sempre de forma voluntaria, e asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.

O servizo será de tipo 24-7-365, é dicir, prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.

A chamada será gratuita, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a llamada; é dicir, non deixará rastro algún.

Ademais, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou da fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por video-chat ou video-chamada.

Fonte: Ministerio de Educación