VII Certame 'Curtas para Rosalía'

Image

Aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:

  • Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.
  • Obras cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral.

Normas de participación:

  • Poderán optar aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 10 de maio de 2017.
  • As obras presentadas terán que ser presentadas en soporte DVD e recepcionadas antes das 14 horas do día 10 de maio no local da AS-PG, enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.
  • A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.
  • O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.
  • Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

Categorías:

  • Categoría mellor Curta da VII edición.
  • Categoría mellor Curta VII edición de Centros de Ensino.

A inscrición será realizada polo director, directora, produtor, produtora ou calquera membro responsábel da obra que pretenda concursar

Máis info: web AS-PG