Xornadas sobre comunicación dixital

Image

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, responsable da área municipal de Mocidade, impulsa as Xornadas de Comunicación Dixital: Apúntate á Revolución Dixital, que se celebrarán entre os días 9 e o 11 de novembro no centro Ágora, para dar a coñecer ferramentas e estratexias para unha mellor comunicación nos medios sociais. Nelas, tres profesionais dos medios sociais de distintos ámbitos, como son Oscar Reboiras, responsable do blog e as redes sociais de R, a blogueira Patricia García Lema, editora do blogue Donkeycool e Carolina Iglesias, guionista e youtuber coñecida como @percebesygrelos, achegarán ás e aos participantes algunhas das claves dos seus proxectos. O prazo de inscrición, que é de balde, estará aberto entre o 2 e o 7 de novembro na web do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), e haberá un máximo de 15 prazas por xornada.

A primeira das ponencias, o mércores 9 entre as 19.00 e as 21.00 horas, leva por título Estratexias en redes sociais: cando os usuarios marcan a liña e terá como relator a Óscar Reboiras, quen falará da súa experiencia para expoñer as claves para seguir unha estratexia de marca á verz que ten en conta a un público que é cliente e crítico, así como outras ferramentas de quen exerce de community manager. O xoves, 10, de 19.00 a 21.00 horas, Patricia García falará do concepto de marca persoal, a través da ponencia Como a miña marca persoal multiplicou as miñas posibilidades profesionais, na que afondará sobre como sacarlle partido ás diferentes redes sociais nas que está presente para consolidarse nos medios dixitais e ampliar os seus horizontes profesionais, a través da súa experiencia co seu blog www.donkeycool.com. Na terceira xornada, o venres 10 no mesmo horario, Carolina Iglesias, @percebesygrelos, abordará, na charla Do mundo virtual ao real... de youtuber a guinista, como o engagement co público das redes sociais pode propiciar unha visibilidade capaz de convertirse nunha ferramenta de proxección profesional.

Para solicitar máis información pódese enviar un mail a xuventude@coruna.es

Fonte: Concello da Coruña