Bolsas Europa FP. Acoreuropa V

O Concello da Coruña ABRE DO 7 AO 30 DE NOVEMBRO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN do programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA V cara a adxudicación de 10 bolsas para titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia e Portugal.

O proxecto será desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados. Coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizaciones intermediarias nos países de destino; e finanzamento da Deputación provincial da Coruña.

O programa está dirixido a titulados en ciclos superiores de FP que acadaron a súa titulación en xuño ou en decembro de 2016, incluida la FCT (Formación en centros de traballo). E que realizasen os seus estudos en algún dos centros docentes públicos que participan como socios no programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Escola de Imaxe e Son, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal e IES Urbano Lugrís.

A inscrición abrirase do 7 ao 30 de novembro na web educativa do Concello a través dunha ficha específica do programa e presentando a documentación exisida en calquera dos rexistros municipais, ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou Ágora.

  • Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.
  • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
  • Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
  • Declaración responsable de estar ao corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias co Concello da Coruña.
  • Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
  • Se é o caso, calqueira tíitulo oficial de idiomas.
  • CV Europeo (en inglés)
  • Carta de motivación (en inglés)
  • Application form (en inglés)

O proceso de selección dos participantes está previsto que se desenvolva durante os meses de decembro e xaneiro para que as persoas seleccionadas podán facer as súas prácticas formativas durante os meses de marzo a xuño de 2017. Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal realizada pola Comisión, na que estarán representados o Concello e os centros docentes socios do programa.

As 10 bolsas distribuense da seguinte maneira:

  • Belfast/ Llangollen (Reino Unido): 2 bolsas
  • Cork (Irlanda): 2 bolsas
  • Florencia (Italia): 3 bolsas
  • Lisboa (Portugal): 3 bolsas

As bolsas incluen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil; e ademáis as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía. Esta cantidade será de 600€ mensuais, aportados polo Concello.

O Concello, en colaboración coa empresa de xestión Oneco e as organizaciones intermediarias nos países de destino, tamén encarganse da xestión do programa: a organización das viaxes, a búsqueda de aloxamentos e das empresas de prácticas, así coma da tramitación da documentación ante o SEPIE para o recoñecimento oficial das prácticas.

 

ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS NO:

Servizo Municipal de Educación

Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª e 3ª prantas. 15001 A Coruña

Correo-e: educación@coruna.es

Teléfono: 981 184 200

Técnicos de Educación: Alfonso Queijo (ext: 12114) y Ana Judel Prieto (ext. 12038)

 

Acceso ao Libro Dixital