V Certame de monólogos cómicos en lingua galega

Ábrese do 2 ao 30 de novembro a convocatoria do V CERTAME DE MONOLOGOS CÓMICOS EN LINGUA GALEGA 2016, para o alumnado de ESO, bacharelato e FP da Coruña.

E, este ano, temos como novidade, o “OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN Á INTERPRETACIÓN DE MONÓLOGOS: CONECTA!”, de 4 horas de duración, a celebrar o sábado 19 de novembro de 2016, de 17 a 21 horas, no Ágora, impartido polo actor e docente Ramiro Neira

A participación é voluntaria e a inscrición de balde, a través do correo educacion@coruna.es, do 2 ao 15 de novembro.

Acceso ao Libro Dixital

Acceso á ficha de inscrición